Se algo distingue ao Santiago é Tapas fronte a outros concursos de petiscos é a extraordinaria calidade e variedade das tapas que entran a concurso. Imos facer un percorrido dende o Manso, primeiro premio mellor tapa creativa, á Bodeguilla de San Roque e o Afiador, segundo e primeiro premios de tapa tradicional, para coñecer algunhas das mellores creacións deste ano.
Seguimos a nosa sección @omellordoSANTIAGOÉTAPAS cunhas propostas gastronómicas que van dende o máis creativo até o máis tradicional, sempre coa mellor calidade. Colle lápis e papel porque a cousa promete....
MANSO PRIMEIRO PREMIO MELLOR TAPA CREATIVA
Sopa Express
INGREDIENTES:
1 g de alga en pó
1 g de verdura liofilizada
5 g de ovas de troita
1 navalla en conserva (Frinsa)
2 berberechos en conserva (Frinsa)
20 cl de caldo base
Aneto
Perifol
2 g de tapioca pearls
ELABORACIÓN: Elaborar un caldo base con carcasas de polo, ósos
de xamón e verduras de tempada. Cocer e reducir, para despois filtrar e
reservar.
Por outra banda, triturar as verduras liofilizadas e
as algas, cortar a navalla, o berberecho e dispoñer todo no fondo do prato,
deixando xelatinizar coa auga de conserva. Rematar coas ovas e a tapioca.
Acompañar co caldo moi quente e posto a punto.
O AFIADOR PRIMEIRO PREMIO MELLOR TAPA TRADICIONAL
(Vaca)3
INGREDIENTES:
Solombo, Lombo e xarrete de vaca
Sal
Pementa
Aceite de oliva
Queixo San Simón
Verduras de tempada
Viño branco
ELABORACIÓN: Realizar un carpaccio co solombo de vaca aderezado
con sal, pementa, aceite de oliva e queixo san Simón. Salpementar o lombo e marcar
á prancha. Realizar un estufado coa carne de xarrete, as verduras e o viño branco
a lume lento. Montar o prato coas tres preparacións da carne por separado.
LA BODEGUILLA DE SAN ROQUE SEGUNDO PREMIO MELLOR TAPA TRADICIONAL
Quiche de lacón con grelos e queixo Arzúa
- Ulloa
INGREDIENTES:
Masa quebrada
Sal pementa
Noz moscada
Leite
Ovos
Nata
Queixo Arzúa Ulloa
Grelos
Lacón
ELABORACIÓN:
Forrar o molde e precocer entre 10 e 15 minutos.
Elaborar un lacón con grelos e preparar unha crema suave con leite, nata, noz
moscada e salpementar.
Picar o lacón con grelos e reencher o molde cubrindo
coa crema e rematar cun anaco de queixo de Arzúa-Ulloa. Enfornar ata derreter o
queixo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario