A XUNTA DIRECTIVA DE HOSTALERÍA COMPOSTELA TOMA POSESIÓN DOS SEUS NOVOS CARGOS
Sara Santos é a presidenta
da sección de Hospedaxe e José Antonio Rivero, da sección de Restauración
Hoxe
martes, 10 de febreiro, ás 10 da mañá,
os 24 socios que presentaron a súa candidatura para seren elexidos como novos
membros da seccións de Hopedaxe e Restauración da Directiva de Hostalería
Compostela foron proclamados como membros electos e tomaron posesión dos
seus novos cargos durante a Asemblea Xeral Extraordinaria convocada con tal
motivo.
Xa
non foi precisa a celebración dunha votación e os novos membros da Directiva
tomaron posesión e escolleron os cargos en cadansúa sección, nunha asamblea presidida polos anteriores
presidentes de Hospedaxe e Restauración e na que os novos presidentes, Sara
Santos e José Antonio Riveiro coincidiron en destacar “a extroardinaria
importancia deste colectivo, polo peso do sector turístico na cidade (…) somos
un equipo moi unido, profesional e cheo de ilusión co obxectivo de defender os
intereses dos asociados e sacar adiante os nosos proxectos cunha xestión
transparente”, comentaron nunha breve declaración pública que fixeron
diante dos medios
Santos
e Riveiro convocaron aos medios de comunicación a unha vindeira xuntanza da
nova directiva de Hostalería Compostela, o mércores 17 de febreiro ás 17
horas, e a unha posterior rolda de prensa, o xoves 19 ás 11 da mañá,
onde xa van dar conta do seu programa de actuación e “da folla de ruta
deseñada pola nova directiva de Hostalería Compostela para devolver a este
colectivo ao lugar que lle corresponde e facer que cada vez sexamos máis socios
e esteamos máis unidos, cunha asociación útil, moderna e proveitosa para todos
e todas”.
Os
membros da sección de Hospedaxe son
Ghaleb Jaber, do Hotel Araguaney, Pablo Barreiro, do Hotel Los Abetos, Sara
Santos, do Hotel Rúa Villar, Carlos Tardáguila, do Hotel San Lorenzo, Alberto
Pico, do Hotel Suíza, Óscar García, do Hotel Garcas, Rita Sobrado, do Hotel
Real, Rosa Iglesias, da Casa da Posta, Carmen Arán, da Pensión Mafer, Francisco
Sal, da Pensión Santa Rita, María Silva, do Albergue Flavia e Lucía Mirás, do
Sigüeiro Hostel.
E
en Restauración están Lázaro
Rodríguez, do Restaurante Cre-Cotte, José Antonio Riveiro, do Restaurante Casa
da Viña, Javier Iglesias, do Restaurante Solpor, Alberto Sar, do Restaurante
Tropic, Germán González, do Restaurante O Celme do Caracol, Jesús Peón, do
Sónar, Isabel Rodríguez, do Restaurante Santiaguiño, Natalia Devesa, do
Restaurante Polígono, Juan López, do Restaurante La Cavita, Marta Leonor
Varela, do Café Casino, José Ramón Seoane, do Café Bar Rakel, e Juan Carlos
García, do Café Bar Nexus.
Ningún comentario:
Publicar un comentario