venres, 27 de febreiro de 2015

O mellor do Santiago é Tapas con D´Ancares, Antollos e Artesana

Imos nesta entrega do nosos coleccioneble co mellor do Santiago é Tapas coas receitas de tres petiscos deliciosos, como son A fondue de Arzúa de D´Ancares, o Outono Larpeiro de Antollos e a famosa Croqueta de Peixe Líquida de Artesana. Tomade boa nota comphostapeantes...

D’ANCARES
TAPA 56.- A fondue de Arzúa

INGREDIENTES:
40 g de queixo de Arzúa
20 g de nata
Sal e pementa
5 tomates cherry
Aceite e Alfábega
Pan sen glute

ELABORACIÓN:
Mesturar o queixo coa nata, sal e pementa ata facer unha pasta fina. Cortar o pan en toros redondos e tostalo. Picar os tomates cherry en escarvadentes e macerar con aceite e alfábega. 


ANTOLLOS
TAPA 45.- Outono larpeiro

INGREDIENTES:
Flan:
75 ml de leite
75 ml de crema de augardente
1 xema de ovo
20 g de azucre
1,25 g de xelatina neutra

Mousse:
30 g de castañas cocidas
6 g de iogur natural
10 g de azucre
30 g de nata para cociñar
6’25 mg de xelatina neutra
6,25 cl de crema de orujo



ELABORACIÓN:
Quentar o leite. Aparte, bater a xema co azucre ate que medre. Botar o leite, a xelatina e a crema de augardente. Poñer a mestura en moldes ate que arrefríe.
Para a mousse, botar os ingredientes nun batedor (thermomix) ata que espese. Completar os moldes coa mousse e arrefriar.



ARTESANA
TAPA 86. - Croqueta de peixe líquida

INGREDIENTES:
20 g. pescada fresca
10 g lagostino
3 g Maicena
1 g xelatina
20 g leite enteiro
1 chisco de sal

10 g pan relado
10 g ovo batido
20 g fariña trigo



ELABORACIÓN: Proceder como unha velouté de peixe e ligar con maizena e xelatina.
Arrefriar, cortar e empanar normal. Empanar dúas veces e fritir
moi forte.

Ningún comentario:

Publicar un comentario