Continuamos co noso receitario virtual en CompHostelería con tres suculentas creacións, do mellorciño da gastronomía en miniatura de Compostela, que participaron na pasada edición do Santiago é Tapas. Tócalle a quenda aos locais 25 de xullo, A Barrika e AC Palacio do Carme.
Bo proveito.
25 de XULLO
TAPA 1.
- Croqueta de cocido galego con marmelada de grelos e humus
INGREDIENTES:
50 g de bechamel (fariña, manteiga, leite, ovo, pan relado, sal e pementa)
50 g de humus (garavanzos cocidos, allo, sal,
perexil, oliva, auga e zume de limón)
Marmelada de grelos (grelos, limón e azucre)
ELABORACIÓN: Preparar o condimento coa carne do cocido, co que se elaborará a salsa bechamel. Fritir as croquetas e empratar sobre unha base de humus e decorada con marmelada de grelos.
TAPA 105.-Praia de Compostela!!!
INGREDIENTES:
100 g berberechos, mexillóns, ameixas
70 g arroz de Calasparra
3 unidades navallas
San Simón (ao gusto)
Aceite
Allo
Sal
Cebola
Caldo pescado
70 g arroz de Calasparra
3 unidades navallas
San Simón (ao gusto)
Aceite
Allo
Sal
Cebola
Caldo pescado
ELABORACIÓN:
Arroz meloso de marisco e navallas da Ría con queixo San Simón.
Abrir as navallas, torar e reservar unha. Realizar un soté onde poñemos allo e cebola.
Mollar co caldo e engadir as navallas toradas e reservadas con anterioridade. Deixar cocer, engadir o caldo segundo sexa necesario. Rematar con San Simón relado montando coa navalla e o ceboliño picado.
Abrir as navallas, torar e reservar unha. Realizar un soté onde poñemos allo e cebola.
Mollar co caldo e engadir as navallas toradas e reservadas con anterioridade. Deixar cocer, engadir o caldo segundo sexa necesario. Rematar con San Simón relado montando coa navalla e o ceboliño picado.
AC PALACIO DEL CARMEN
TAPA 1. - Zamburinaporconabiza
INGREDIENTES:
1 ud de zamburiña
5 g de fariña de porco
10 g de nabiza
10 g de pataca
2 g de brotes de ravo
ELABORACIÓN: Rebozar a zamburiña en fariña de porco, fritir e reservar.
Cocer a pataca e a nabiza e triturar ata obter unha crema lixeira.
Montar a zamburiña sobre a crema e decorar con brotes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario