venres, 20 de febreiro de 2015

O mellor do Santiago é Tapas, hoxe cos petiscos de Adgelo, Albarella e A Moa

ADGELO
TAPA 1.- Fillo“ad”

INGREDIENTES:
Fariña
Ovos
Fondo de tenreira
Sal
Roxóns
Grelos
Chourizo

ELABORACIÓN: Preparar as filloas mesturando o fondo escuro coa fariña, ovos e sal. No momento poñelas no filloeiro, engadir os roxóns correspondentes para cada filloa. Preparadas as filloas, pór o recheo de grelos e un pouco de chourizo esmiuzado.



ALBARELLA
TAPA 2.- Minihamburguesa de boi
INGREDIENTES:

Boi
Tomate confeitado
Queixo do país
Eiruga

Salsa agre:
Tomate
Cebola
Allo
Romeiro
Tomiño
Pementa
Pemento
Cervexa
Mostaza
ELABORACIÓN: Preparar a hamburguesa na prancha. Unha vez cociñada a carne, engadir a eiruga, o tomate e a salsa agre elaborada previamente.


TAPA 102. – Bocadillo de salchicha de Lebre


INGREDIENTES:

INGREDIENTES GUISO:
Allo
Cebola
Porro
Cenoria
Apio
Loureiro
Pementa negra en gran
Sal
Viño tinto
Cebola acaramelada
Lebre
Sangue da lebre
Calvados
Fígado
Corazón da lebre
Romeiro

INGREDIENTES PAN- TIPO MINI BOCADILLO DE SALCHICHA
Fariña gran forza
Sal
Mel
Fermento
Auga
Ovo
Leite
Aceite oliva virxe extra

INGREDIENTES CEBOLA ACARAMELADA AO VIÑO
Cebola morada
Aceite de xirasol
Sal
Pementa negra
Viño tinto

INGREDIENTES TOPPINGS
Ceboliño
Cogombro novo
Cebola frita
Aceite Virxe


ELABORACIÓN:
Guiso: facer un guiso tradicional coa lebre. Reducir o xugo. Saltear os miúdos cos calvados e facer unha pasta. Desosar a lebre e poñer o punto. Facer unha salchicha co guiso montado.

Proceso do pan: mesturar todos os ingredientes. Amasar, moldear, fermentar, formar segundo fermentación e meter no forno.

A continuación rustrir a lume lento a cebola morada e reducir o viño ao punto e mesturar.
Montar o bocadillo de salchicha de lebre e usar os toppings segundo o gusto do cliente.

Ningún comentario:

Publicar un comentario