Satisfacción
no sector ante a boa marcha do concurso
Son
69 locais participantes e 111 tapas a concurso nunha cita que se
desenvolve ata o 30 de novembro
19
de novembro de 2014.- A sétima edición
do Santiago(é)Tapas, que comezou o venres 14, está a funcionar a bo
ritmo e a hostalaría da capital de Galicia amósase satisfeita en
liñas xerais pola súa marcha.
Unha primeira avaliación eleva a máis de 9.000 as tapas servidas ata o momento nos 69 establecementos que toman parte neste concurso de tapas, con 111 creacións distintas a un prezo único de 2 euros.
Un ano máis, os clientes apañaron o seu tapasporte, a guía do concurso, e deciden que tapas son as súas favoritas votando nas urnas situadas nos distintos locais.
Tamén está a espertar expectación o Santiago(é)Noite, a oferta complementaria de hostalaría nocturna con creacións exclusivas a un prezo único de 3,5 euros para aqueles clientes que mostren o seu tapasporte.
A
Denominación de Orixe Ribeiro
presenta 6 viños de 6 adegas no Santiago é Tapas e os clientes
poderán tomar o seu petisco cun deses Ribeiros a prezo conxunto
especial de 4 euros. Os Ribeiros que toman parte desta promoción
especial son: Pousadoiro (Fernández Rodríguez, S.C.), Casal de
Armán branco (Casal de Armán, S.L.), Beade Primacía (A Portela,
S.A.T.), Alberte (Bodegas Nairoa, S.L.), Valdepuga (Valdepuga, S.L.)
e Terra do Castelo Treixadura (San Roque, S.C.G.). Ademais, haberá
25 entradas individuais de balde para o Concerto Enoacústico
Solidario Pablo Carbonell & Ribeiro do 6 de decembro; serán para
eles que acrediten ter consumido petiscos con Ribeiro de 20
establecementos, selando na sección correspondente do seu
tapasporte.
Turkish Airlines
premia a interacción, con 2 viaxes
individuais de ida e volta a Turquía
entre aqueles que se retraten petiscando xunto ao seu tapasporte e
deixen constancia no twitter, co hashtag #turkishsantiagoetapas ou
no facebook, publicando a foto na conta do concurso
facebook.com/santiagoetapas . Un xurado determinará as 2 mellores
fotografías.
Establecementos participantes
A (é)tapa Praza do Obradoiro conta con: 25 de julio, A Curtidoria,
AC Palacio del Carmen, Central, Coruña, Cre-Cottê, Kunsthalle, Los
Caracoles, O Celme do Caracol, Orfeón San Francisco Hotel Monumento,
Rúa Villar, San Jaime e San Xoán.
A (é)tapa Praza de Cervantes reúne a: A Cocotte, Bicoca,
Caldeirería 26, Cervantes, Garum, Hervor & Fervor, La Bodeguilla
de San Roque, La Flor, Medusa, Milonga´s, O Piorno, O Tragaluz,
Resas e Tafona.
Na (é)tapa Praza de Galicia pódese atopar a: Antollos, Bodegón de
Xulio, Caney by Siro González, D’ Ancares, El Bocalino, La
Catedral, Negreira ‘O Patata’, O Boteco, O París, Parrillada
Argentina, Porta Faxeira, Reno e Venecia.
A (é)tapa Praza Roxa suma a: Adgelo, Albarella, Artesana, Castelao,
Entre Pipos, La Bodeguilla de Santa Marta, La Cavita, La Industrial,
Manso, O Ferro, Rincón de Gurpegui, Singulario, Tosta e Tostiña,
Tryp Santiago e Vivacce.
Por último, na (é)tapa Camiño Francés están: A Casa da Viña, A
Grella, A Moa, Casal do Cabildo, La Barrika, La Bodeguilla de San
Lázaro, La Casa de la Marquesa, O Afiador, O Catro, Oca Puerta del
Camino, Pedra Santa, Porta do Camiño, Quercus IP e Susos.
O
certamen Santiago(é)Tapas está promovido e organizado pola
Asociación de Empresarios de Hostelería
de Santiago y Comarca; o seu
Patrocinador Institucional é Turismo de
Santiago; o seu Patrocinador Especial é
a Denominación de Orixe Ribeiro,
con seis referencias: Pousadoiro
(Fernández Rodríguez, S.C.), Casal de
Armán branco (Casal de Armán, S.L.),
Beade Primacía
(A Portela, S.A.T.), Alberte
(Bodegas Nairoa, S.L.), Valdepuga
(Valdepuga, S.L.) e Terra
do Castelo Treixadura (San Roque,
S.C.G.).
Santiago(é)Tapas
conta tamén como patrocinadores con Cash
Record e Coca
Cola; como colaboradores especiais, ás
cervexas 1906 de Hijos de Rivera
e Turkish Airlines;
e como colaboradores, a Abanca, Mercado
de Abascos e Santiago (é) Noite.
Ningún comentario:
Publicar un comentario