Unha das edicións máis concurridas e interesantes do Womex comeza mañá con máis de 300 artistas
procedentes de 40 países. Entre o xoves e o
sábado, Compostela vai acoller 45 concertos abertos ao público. Podes consultar aquí toda a programación. Como podes ver, a mestura é tan variada e extensa que só un experto en World Music podería orientarse. Ante a duda, sempre nos quedará a praza da Quintana, e máis con este tempo tan bo.
O prato forte de cada día vai ser nesta mítica praza compostela, entre las 21.30 e as
1.30 horas, con pequenos concertos de 45 minutos. A entrada para cada noite custa 20 euros (anticipada). Pero tamén
haberá actuacións paralelas no Principal, Salón Teatro e sesións de
DJ's e World Music na Sala Capitol. Hai un bono
conxunto para os tres días a 55 euros.
O xoves podes dar a volta ao mundo sen sair da Quintana, cunha reviravolta musical de España a Cuba, pasando por medio mundo. O xoves abre o escenario Raúl Rodríguez, o fillo de Martirio, un fenómeno que xa comeza a voar só, e pecha a noito o son cubano, despois de ter pasado, entre outras latitudes, por Rusia Mayito Rivera & The Sons of Cuba.
O venres posiblemente o máis interesante da noite sexa a banda xitana do momento, Dzambo Agusevi Orchestra, xunto con Baloji, un experto en fusionar
música contemporánea e o hip-hop cos sons tribais das súas raíces congoleñas.
O sábado chega a noite máis arraiana da man da Orkesta Mendoza, coa potencia mestiza da fronteira entre México e os USA e unha israelí de orixe etíope, chamada
Ester Rada.quen mestura ethio-jazz, funk, soul e
blues e que vai facer vibrar os alicerces da cidade vella.
E lembra que aínda quedan o Offwomex, Atlantic Conections e moita máis programación que podes consultar aquí.
Ningún comentario:
Publicar un comentario