Yahya Zahid Sensoy acaba de ser nomeado general manager de Turkish Airlines en España. Tralo seu paso por Compostela para consolidar a aposta da compañía turca por Galicia na Lavacolla, Sensoy aterra agora en Madrid para levar a aeroliña a nivel nacional. E con tal motivo recuperamos esta conversa no Caney que publicamos na nosa revista.
Na barra con Yahya Zahid, director xeral de Turkish Airlines en Galicia, no Restaurante Caney
Unha palabra para definir Santiago: Internacional.
Un lugar para comer: Don Quijote.
Un lugar para durmir: A Quinta da Auga.
O
home que conecta Compostela con medio mundo
Hai
máis dun ano que Turkish Airlines comezou a operar entre Istambul e
Santiago, “un aniversario cuxa celebración decidimos cancelar por
coincidir no tempo co tráxico accidente mineiro que houbo
recentemente en Turquía”, confesa Yahya Zahid, o home forte desta
compañía aérea en Galicia, mentres degustamos unhas deliciosas
tapas no Restaurante Caney e falamos das múltiples vías de
colaboración abertas co sector empresarial e coas administracións.
“A idea inicial era operar dende Alvedro pero as condicións deste
aeroporto facíano imposible e dende Lavacolla temos más facilidades
e damos servizo a toda Galicia”, asegura Zahid.
Viaxes
para xornalistas e axentes internacionais, nos que sempre colabora
Hostelería Compostela, o patrocinio de eventos gastronómicos como o
Santiago é Tapas, o apoio a CompH!ostelería, ou os
acordos de colaboración co sector empresarial para facer destino. As
portas de Turkish Airlines sempre están abertas para todo o que
contribúa a dinamizar o sector turístico e a fomentar a actividade
da aeroliña. O responsable de que isto sexa así é este mozo
experto en aeronáutica e mercadotecnia, que logo dun tempo en Madrid
veu a Compostela, canda a súa dona e a súa filla de dous anos, para
botar a andar e consolidar as conexións con Lavacolla. “A vosa
hospitalidade é única pero o clima podía ser algo mellor”,
confesa.
Dende
o pasado mes de outubro, en menos de seis meses, pasaron de tres
conexións semanais a conectar diariamente Santiago con Estambul,
facendo unha escala técnica en Bilbao, “a
nova frecuencia diaria contribúe axilizar as conexións entre
Lavacolla e o resto de destinos en todo el mundo que a compañía
oferta dende o noso hub de Istambul”,
comenta o director xeral da aeroliña en Galicia, que agora ademais
opera con avións de 180 pasaxeiros, que van cheos,
“respostando así ás necesidades dos viaxeiros do noroeste
peninsular e abrindo novas oportunidades para a internacionalización
do sector turístico”.
Grazas
ao entusiasmo e ao intenso traballo, sempre en colaboración co
sector público e privado, co convencemento pleno do potencial do
noroeste peninsular como mercado emisor e da singularidade de
Santiago e Galicia como destino turístico, Zahid e o seu equipo
conseguiron en medio ano o que outros tardan un ou dous en conseguir
na súa compañía, consolidar unha nova conexión diaria con
Istambul. “Para poder promocionar Galicia como destino y
promover nuevos productos turísticos en nuestra área de influencia
era necesario consolidar lo antes posible la conexión diaria”,
conclúe Zahid, quen destaca como este enlace tamén contribúe a
dinamizar outros sectores da economía galega como o textil ou a
pesca.
“O
incremento de frecuencias na conexión fixo que algúns clientes nos
escollan, por suposto, para conectar con Asia, África e Europa
oriental, pero mesmo con destinos do continente americano”, asegura
Zahid, consciente do enorme potencial dunha aeroliña “que conecta
Galicia con 205 países de todo o mundo, a través do noso hub de
Istambul, e por iso estamos promocionando Santiago en moitos destes
países, como por exemplo en Xapón, onde están moi interesados no
destino Santiago e Galicia”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario