martes, 1 de setembro de 2015

Traballar o domingo é WOSINC


Workonsunday. Seica traballar en domingo é pecado. Debe ser... E se non que llo digan aos armadanzas do Wosinc, que así como quen non quere a cousa e traballando tamén os domingos dende hai meses, de xeito silandeiro, argallaron un festival multidisciplinar que lle ronca...

Así que mañá, día 3 de setembro, xa nos vemos na presentación deste evento cultural que entre o 11 e o 13 de setembro vai traer a Compostela a pequenos e grandes artistas do underground all around. 

E este ano, os woronsundays seica colaboran tamén con Curtocircuíto , un evento estupendo que xa comeza esta noite coa Noite Curta e que vai traer o mellor cinema a Compostela durante o mes de outubro, con Aki Kaurismaki como prato forte para cinéfilos.