martes, 10 de marzo de 2015

Chega o Santiago Paixón 2015


Aínda quedan un par de días para que os establecementos interesados poidan anotarse neste evento gastronómico temático que se vai celebrar entre o 27 de marzo e o 5 de abril


Tralo éxito acadado nas anteriores edicións, xa está aquí a terceira edición do Santiago Paixón, as xornadas gastronómicas temáticas que organiza Hostalería Compostela, en colaboración coa Xunta de Confrarías de Santiago e o Concello, para promover o turismo gastronómico durante a semana santa na cidade.

Este ano tamén se van sortear experiencias culturais, relixiosas e gastronómicas entre os clientes que degusten os menús de cociña de coresma, conventual e de semana santa que preparen os locais participantes, a un prezo único de 18 euros.

Os que teñades negocio aínda podedes anotarvos ao longo desta semana, e os que non, preparaivos para desfrutar da paixón pola gastronomía entre o 27 de marzo e o 5 de abril.